Un millón de persoas maniféstanse a favor da independencia en Barcelona

A Diada convocou centos de milleiros de persoas a favor do dereito a decidir e da liberdade dos presos independentistas

Ao redor dun millón de persoas segundo a garda urbana de barcelona participaron este martes na manifestación organizada pola Asemblea Nacional Catalá que convocou á cidadanía na avenida Diagonal de Barcelona para reivindicar a República Catalá e a liberdade dos presos independentistas.

Os manifestantes secundaron masivamente a convocatoria acudindo con bandeiras esteladas e vestidos, moitos deles, cunha camisetas de flúor que patrocinaba a ANC.

A cifra de asistentes feita pública pola garda urbana é similar a de anos anteriores. A Delegación do Goberno en Cataluña non ofreceu datos de concorrencia cousa que si fixo o ano pasado.

Pola súa banda a organización unionista Sociedade Civil Catalá ofreceu uns datos moi distintos: 200.000 persoas o que provocou burlas nas redes sociais.

 

A retranca non tardou en aparecer en referencia aos chíos provintes do entorno de Ciudadanos, PP e Sociedade Civil Catalá:

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies