O PP sóbese ao “MatoCarro”

O “MatoCarro” é unha iniciativa da candidata do Partido Popular á alcaldía na Coruña, Beatriz Mato, para escoitar propostas cidadás.

A propia candidata defíneo como “unha maneira de achegarse á xente, un instrumento máis co que percorrer os barrios nos vindeiros meses”, mentres o PP da Coruña explicou que o “MatoCarro” “é un vehículo lixeiro e urbano, de tres rodas e rotulado, co que a exconselleira percorrerá cada recuncho da cidade interesándose polas cuestións que preocupan aos coruñeses e dando a coñecer a súa proposta para desenvolver un novo modelo de cidade”.

Servirá tamén, asegurou Mato “para poder recoller propostas cun claro obxectivo: mellorar esta Coruña imparable na que sempre nos gustou vivir e da que afacemos presumir”.

A iniciativa non pasou desapercibida polas redes sociais, onde tanto os xogos de palabras coma os chascarrillos tiveron cabida.

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies