Imaxe: Facebook Marga L.

Militantes de Anova abandonan o partido pola deriva da organización

Marga López, concelleira de Vigo, facía público onte, a través das súas redes sociais que, ante o descontento coa deriva da organización, decidira abandonar o partido.

A través dunha publicación nas redes sociais, a concelleira manifestaba “Hoxe vou utilizar este medio para aclarar algo que tal vez tería que ter aclarado no seu día e non fixen. Por mor de estaren próximos varios procesos electorais, os medios de comunicación andan a pescudar quen está afiliad@, inscrit@ ou simpatiza con tal ou cal organización política. Ben, pois quero dicir que alá polo 2015 eu estaba afiliada a anova-in, si, pois estaba convencida de que o proxecto que defendía era o máis acaído para os intereses que naquel momento precisaba Galiza. Ben, pois teño que dicir que hai xa arredor dun ano que non milito en dita organización. Os motivos, penso que non vén ao caso expoñelos aquí, pois pertencen ao ámbito interno de anova. Pero si coido que chegou o momento de facer público o meu afastamento da organización. Quero precisar tamén que o discurso xeral de anova segue a ser o meu discurso, máis hai formas dentro das persoas que a integran que non podo compartir e accións que non podo xustificar. Máis nada. Desculpade se esta mensaxe chega demasiado tarde, se me reservei ata o de agora foi porque quixen antepoñer o interese xeral da xente do país ás accións daniñas de algúns individuos en particular”.

A publicación foi respostada por diversas persoas, manifestándolle o seu apoio e na mesma liña, comentando que abandonar Anova pola deriva da organización nos últimos tempos.

Nestes días, tamén dous concelleiros de Anova en Cedeira anunciaban a súa integración nas listas do BNG para a cita do 26 de maio.  

https://m.facebook.com/story.php?story_fbid=1199774540203002&id=100005114020634

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies