Martiño Noriega saúda a Luís Villares no plenario do pasado sábado // Imaxe: https://twitter.com/En_Marea

Martiño Noriega di agora que a imaxe que se deu no plenario “non foi a máis adecuada”

O rexedor compostelán tamén cargou contra Luis Villares.

A Martiño Noriega non lle gustou que o voceiro Luis Villares falara nos medios sobre o acontecido no plenario do pasado sábado. Nunhas declaracións recollidas en varios medio cualificaba de “especialmente desafortunadas” as declaracións, en clara alusións ao voceiro da formación rupturista.

Martiño Noriega foi o impulsor da autodenominada Mesa da Confluencia, na que participan Anova (a súa formación), Podemos e Esquerda Unida xunto coa Marea Atlántica, Ferrol en Común e Compostela Aberta. Esta última é o grupo político co que se presentou á alcaldía e ao que pertencen a maior parte das integrantes que o pasado sábado increparon a Luís Villares durante a súa intervención. O tumulto que montaron foi tal que, despois de que o sector crítico gañara a mesa de plenario, foron reprendidos polos seus por fumar  e introducir bebidas alcohólicas na Aula Magna da Facultade de Económicas que acollía o plenario de En Marea.

Malestar entre a militancia

Xeira é a formación que agrupa as xuventudes de Anova pero á que pertencen tamén mozos de Podemos e Esquerda Unida. Son chamados pola dirección da formación de Antón Sánchez para acudir ás asembleas decisorias dos distintos espazos nos que participa a formación: Compostela Aberta, En Marea e a propia Anova.

Nos últimos tempos víronse envoltos en varios escándalos como foi o das patadas na última asemblea de Anova e tamén nos incidentes dos retrovisores que salpicaron á deputada de Podemos Paula Quinteiro tras unha cea na que grabaron un video chamándolle “hijo de puta” a Luís Villares para despois difundilo en Facebook. Tamén houbo cousas moito máis graves xa que incluso algún membro da  formación foi acusado polo movemento feminista de Compostela de agresión sexual.

Todas estas actutides intimidatorias ao xeito de manada, baseadas na superioridade numérica, teñen molesta a boa parte da militancia das formacións onde actúan. Compostela Aberta é unha das pior paradas onde xa que por ser maioritariamente estudantes na capital acuden máis asiduamente as súas asembleas o que ten provocado que moitas das persoas máis activas e asiduas da formación, pouco a pouco, se foran apartando dela.

 

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies