Dimite Carmen Montón polo seu master mentres Pablo Casado aférrase ao cargo

A ministra Carmen Montón presenta a súa renuncia por irregularidades no traballo de fin de master.

Carmen Montón, ministra de Sanidade, Consumo e Benestar Social, anunciou hoxe que renunciaba ao seu cargo polas irregularidades detectadas no seu master.

Días antes trascender que o seu traballo de fin de master contiña plaxios da Wikipedia e algún artigos de internet polo que se viu forzada a dimitir ante a presión medíatica e do propio partido.

O presidente do goberno alabou á xa ex ministra indicando que “A túa decisión, valente, hónrate”.

Tampouco faltaron as alabanza por parte do partido socialista:

 
O PP de Pablo Casado garda silencio

Por contra, o Partido Popular, está nunha situación moi complicada. O seu líder, Pablo Casado, está acurralado polo Tribunal Supremo e preparou unha campaña para resaltar as diferenzas entre o caso da ministra socialista e de Pablo Casado para protexer ao novo líder do PP.

A estratexia dos conservadores pasaría entón pola non dimisión do seu lider e polo escurantismo informativo que pasaría por non presentar ningún dos seus traballos e non propiciar datos que puideran facer que caeran en renuncios deste xeito salvarían a imputación de Casado e zafarían, de momento, co que dispón o código ético do PP que establece a dimisión no momento da apertura de xuízo oral.

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies