Preocupación polo aumento de coches de Hyundai e Kia que se incendian

A cantidade de vehículos Hyundai e Kia incendiados inesperadamente nos Estados Unidos fai que as compañías soliciten a retirada de tres millóns destes coches.

O pasado xullo, unha adolescente en Virginia conducía o Kia Soul da súa nai cando, segundo relata “comezou a saír fumo e detívose. Todo o automóbil estalou en chamas nuns minutos, queimándose por completo”. Centos de condutores tiveron os mesmos problemas, queixándose de incendios no seus vehículos sen que se producise colisión algunha. Durante os últimos catro meses produciuse un incendio deste tipo ao día, algúns incluso mentres o coche circulaba pola autopista, o que levou a unha demanda colectiva que esixiu a Hyundai e Kia a retirada de certos modelos de vehículos para a súa revisión.

A cantidade de vehículos que terían que pasar unha revisión ou, incluso, ser retirados das estradas podería alcalzar a cifra de tres millóns. Ante isto, un voceiro de Hyundai Motor asegurou que a base do problema xa fora abordada e solucionada, afirmando que “o único defecto que causou estes incendios sen colisión é un que Hyundai xa identificou en dous episodios anteriores: un en 2015 cando tivo que retirar Sonatas dos anos 2011 e 2012 e outro cando retirou modelos Sonata e Santa Fe Sports dos anos 2013 e 2014 por problemas similares”.  

Mentres tanto no país norteamericano non se dan por satisfeitos coas explicacións dadas e o Comité de Transporte do Senado asegura estar debatendo se convocar unha audiencia no Senado “que obrigaría aos fabricantes de Kia a responder baixo xuramento sobre os incendios e qué os está provocando”.

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies