O monólogo de David Broncano sobre a escola de Chandrexa de Queixa convertida en Tanatorio

O humorista e presentador do programa La Resistencia que se emite na plataforma de pago Movistar+ non desperdiciou a noticia que se fixo viral sobre a escola unitaria de Chandrexa de Queixa que se converteu en Tanatorio para facer un monólogo no seu programa.

Co humor que o caracteriza non perdeu ocasión de ironizar sobre a situación do rural galego “como el pueblo tiene menos de 500 habitantes si no gana el PP se miran unos a en plan… ¿Quién ha sido? ¿Quién ha sido?” e continúa dicindo que “le echan la culpa al único emigrante, Gerardo, que vino del pueblo de al lado”. Curiosamente en Celeiros, a capitalidade de Chandrexa de Queixa, existe un restaurante famoso por botar de comer como se se acabara o mundo que é coñecido polo nome de Gerardo. Saberá algo Broncano que non saben en Chandrexa?

O monólogo está a ser polémico e na zona do macizo central ourensán non está a sentar demasiado ben. Ti que opinas?

 

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies