O PP subvenciona ao colectivo que pedía prisión para a moza violada pola ‘manada’

O concello de Marbella (Málaga), concedelle unha subvención a “Despertar sin violencia”, asociación coñecida por defender publicamente a través dun artigo aos integrantes de “La Manada”.

No mes de maio, esta asociación, compartía a través das redes sociais un artigo no que se defendía aos membros de “La Manada”, por ser “vítimas dun linchamento xudicial a cinco inocentes” e no que se afirmaba que “a única que tería que estar na cárcere é a moza. É unha sentenza deleznable polo prexuízo”. Naquel momento, dende Marbella Feminista presentaran un escrito no concello solicitando a retirada da subvención e aseguraban que se trataba “dunha mensaxe que incita ao odio e ofensiva cara as vítimas das violacións e a violencia machista”. Esa publicación do artigo provocaba que cinco dos dez integrantes da xunta directiva da asociación causaran baixa, renunciando irrevocablemente polos problemas e danos de imaxe, pois “non estaban dispostos a permitir que se mesturasen os seus nomes con ideoloxías extremistas de calquera signo, como estaba a acontecer dende a publicación do artigo”. 

Poucos meses despois a asociación volve ser beneficiaria da subvención (incrementándolle o importe anteriormente concedido),e os colectivos feministas e a oposición volven denunciar o acontecido e pedir que se lle retire a subvención. 

 

Reaccións da oposición

PSOE, IU e Costa del Sol Si Puede, os tres partidos da oposición, esixiron ao Partido Popular que retirase de inmediato esa subvención. 

O PSOE solicitou explicacións públicas e a retirada de fondos públicos a dita entidade, cuxa presidenta “tivo varias saídas de ton en relación á violencia machista, sendo a de cuestionar á vítima de “La Manada” unha delas. Aseguran os socialistas, non se pode permitir que “o diñeiro que aportan tódolos cidadáns sirva para beneficiar a asociacións que amparan comportamentos como os de “La Manada”. Afearon tamén a acción do grupo de goberno, ao non ter convocado nin un so minuto de silencio polas vítimas de violencia machista, o que califican de desprezable.

 

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies