O “sector crítico” continua cargando contra a paralización das votacións

A Radio Galega entrevistaba onte a Oriana Méndez, da candidatura “Entre todas” e a Ana Seijas, da candidatura “Coidando a casa” ao fío dos resultados das auditorías presentadas que confirman o acceso irregular ao censo de En Marea.

Oriana Méndez (Entre todas), cargaba contra a decisión de paralizar o proceso e cuestionaba as auditorías realizadas alegando que “como inscrita, non só non tiven acceso ao informe das auditorías, senón que descoñezo a quen se contratou para esas auditorías e con que criterios. Eu non podo estar en condicións de confirmar nin de desmentir de xeito empírico e contrastado a existencia deses supostos accesos non autorizados”.

“Xa deberíamos ter votado”, asegurou, “atendendo ás explicacións non existe ningún indicio que indique que houbo unha modificación. Imos intentar que se vote, imos solicitar que se vote, insistir en que se cumpra a vontade das inscritas”. 

Pola súa banda, Ana Seijas (Coidando a casa), asegurou que as auditorías constatan que “si se accedeu a datos privados, de máxima seguridade e protección dentro de calquera organización e máis dentro dunha organización política. A coordinadora e a dirección demostraron que hai transparencia e limpeza dentro de En Marea. Agora toca buscar solucións técnicas que incrementen a seguridade e devolvan garantías ás inscritas. Todas na organización queremos votar o antes posible. Oxalá se puidese votar esta fin desemana, pero non se pode dicir con seguridade, non por vontade de atrasar votacións, senón por vontade de que se vote con garantías”.

Fontes documentais semellan desarmar a argumentación dos críticos

A Lei Orgánica de Protección de Datos estipula como infracción moi grave “recabar datos especialmente protexidos sen a autorización do afectado”, “vulnerar o segredo sobre datos especialmente protexidos”, “a comunicación de datos cando non estea permitida” ou “tratar datos de forma ilexítima ou con menosprezo de principios e garantías que lle sexan de aplicación”.   

Segundo o establecido en concreto no Regulamento de En Marea, a Comisión de Garantías é un órgano estatutario que ten, entre as súas funcións, “ser garante e intérprete da normativa e dos acordos plenarios”.

Polémica nas redes

As redes sociais non son alleas á polémica suscitada trala rolda na que Gonzalo Rodríguez deu conta dos resultados das auditorías, polo que durante o día de onte se puideron ver diversas publicacións, incluso de dirixentes políticos, cargando contra as actuacións levadas a cabo:

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies