http://www.cig-ensino.gal/nova/a-cig-ensino-considera-insuficiente-o-incremento-de-prazas-de-orientacion-para-o-concurso-deste-ano.html

A CIG-Ensino considera insuficiente o incremento de prazas de Orientación para o concurso deste ano

Dende a CIG-Ensino cualifican como insuficiente o aumento de 9 prazas na oferta de prazas de Orientación para o Concurso de Traslados Específico de Orientación nos centros de Educación Primaria e Infantil que a Consellería lles adiantou remitindo a nova orde do citado concurso.

A Consellería inclúe 9 prazas das 38 que dende a CIG-Ensino reclamaban na Mesa Sectorial, mantendo, segundo aseguran a través dun comunicado dende a central sindical, que “nesta escasa mellora a Consellería segue a manter unha interpretación restritiva ao computar unicamente unidades de Educación Primaria, sen ter en conta as de Infantil, e amplía a compartición máis alá do que regula o Decreto 120/1998: sen centro incompleto e estar na mesma zona de escolarización”.  

Dende a CIG amósanse contrarios ao incremento da compartición de centros, pois “é obvio que as necesidades na atención ao alumnado de NEAE non se fai ampliando os centros compartidos, senón aumentando o profesorado. En todo o que ten que ver coa orientación e a atención á diversidade, falta planificación e rigor por parte da Inspección Educativa”.

Ante esta situación, dende o sindicato volven instar á Consellería a “abrir unha nova negociación global sobre o mapa da orientación galega para fixar, con carácter permanente, os criterios para dotar dunha praza de orientación a tempo completo e compartida, en base a unidades, número de alumnado total e distancia entre centros”.  

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies