http://www.cig-ensino.gal/nova/a-cig-ensino-gana-de-novo-as-eleccions-sindicais-no-ensino-publico-non-universitario.html

A CIG-Ensino gaña de novo as eleccións sindicais no ensino público non universitario

A falta de rematar o escrutinio na provincia da Coruña, duplican o número de delegados/as da segunda organización sindical e mantéñense como a forza maioritaria no ensino público galego.

Aínda cos datos provisionais, a través dun comunicado, aseguraban que “A CiG-Ensino acada uns resultados excelentes con 60 delegados/as en todo o país (co 100% dos votos escrutados en Pontevedra, Lugo e Ournese e co 80% na provincia da Coruña)”, polo que confirman “seguimos sendo a organización referente para o profesorado galego, a moita distancia das outras centrais sindicais”.

Segundo indican, “estes resultados afianzan o modelo sindical galego, de clase, plural, democrático, participativo e próximo ao profesorado que representa a CIG-Ensino”, e agradecen publicamente a confianza e o apoio que o profesorado lles ven de amosar co seu voto maioritario, o que supón “un aval e un recoñecemento ao traballo realizado nestes últimos catro anos, á nosa  oposición ás afrontas e abusos da Consellaría, ao noso combate permanente contra a LOMCE e á nosa loita contra os recortes dos dereitos salariais e contra os ataques ao noso idioma”. 

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies