Imaxe Fb O Baloncesto Educa

O proxecto “O Baloncesto Educa” pasa á acción

O proxecto de formación en valores “O Baloncesto Educa”, promovido pola Federación Galega de Baloncesto, estréase esta fin de semana en competición oficial de Minibasket.

Tres dos oito clubs implicados nesta novidosa iniciativa serán os primeiros en poñer en práctica as bases dun formato que busca “destacar a capacidade do baloncesto como transmisor de valores positivos grazas á colaboración directa de todos os actores dun encontro de liga federada”.  

“O Baloncesto Educa” busca coa súa metodoloxía “premiar e recoñecer os comportamentos respectuosos e óptimos que deben rexer no baloncesto galego, primando a reflexión que entre todos os participantes do proxecto se está xa a levar a cabo da man do responsable do mesmo, o educador social Millán Brea”.     

R.C. Celta Baloncesto, C.B. Arxil e C.B. Sarria abrirán esta fin de semana a fase práctica do proxecto na que, adestradores, mediadores dos clubs e das familias e árbitros analizarán dende a súa perspectiva aqueles factores de comportamento que se sucederán durante os partidos como equipos locais.   

Os encontros a disputar serán:

  • Liga Galega Minibasket Feminina

Academia Celta Grupo Viqueira – CLB (20/01/2019, ás 17:00horas).

  • Liga Galega Minibasket Feminina

CB Arxil – Celta Celeste (19/01/2019, ás 10:00h).

  • 2º División Zonal Minibasket Feminina

María T. Martínez Dental Sarria – Franciscanos (20/01/2019, ás 16:00h).

Segundo explicaron dende a organización, “as súas posicións valídanse posteriormente en forma de puntos, que irán acumulándose nun casilleiro para cada equipo como mostra do seu progreso”.  

https://m.facebook.com/story.php?story_fbid=386652528758443&id=354624708627892

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies