Regresan as competicións de fútbol gaélico
Tralo parón no nadal, regresan as competicións na Liga galega de fútbol gaélico.
Este sábado, os equipos feminino e masculino do Auriense Campus da Auga desprázanse ata A Estrada, onde disputarán duros partidos contra Irmandinhos de A Estrada, equipos da parte alta da táboa. Ás 17:45h. comezará o equipo feminino e ás 18:45h. o masculino.
Dende o Auriense aseguran que o da categoría feminina “promete ser un partido igualado entre ambos equipos, e no que as ourensáns agardan sacar un resultado positivo”, inda que contan con numerosas baixas para ese encontro.
Refiren que máis complicado será para o masculino, que xoga contra o líder e actual campión de liga. Será un enfrontamento duro, con miras á vindeira xornada, onde o Auriense xogarase o pase á fase polo Título contra Keltoi de Vigo.
A que se vai armar o sábado na Estrada!
Comezamos o 2019 cun desprazamento de categoría, para medirnos a Irmandinhos A Estrada nun dobre enfrontamento masculino e feminino que servirá para medir ata onde poden chegar… https://t.co/0ouz5nkL6V
— Auriense Campus da Auga FG (@AurienseFG) January 10, 2019