Arde o Parque Natural do Invernadeiro

A Consellería do Medio Rural informa de dous lumes activos no concello ourensán de Vilariño de Conso, parroquia de San Mamede de Hedrada, que afectan ao parque natural do Invernadoiro.

Segundo informa a Xunta de Galicia os dous incendios comezaron ás 16,10 h. da tarde e, segundo as primeiras estimacións, afectan superficies de 5 e 1,5 hectáreas respectivamente. No lugar están a traballar medios técnicos da Xunta de Galiza e do Ministerio a través da BRIF de Laza.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies