Imaxe: https://esquerdaunida.org

Só 108 militantes de EU participaron na consulta sobre a coalición con Podemos

En Galicia soamente participaron na consulta 108 persoas das que 68 votaron a favor da coalición con Podemos, 36 en contra e 4 abstivéronse.

Izquierda Unida deu a coñecer onte os resultados da súa consulta interna na que se preguntaba á militancia se a formación liderada por Alberto Garzón reeditaba a coalición con Podemos ao igual que xa fixeran en Xuño de 2016. Finalmente un 61,5% dos participantes votou a favor de continuar o pacto electoral coa formacion morada por preto dun 35% que votou en contra. A participacion foi de  10.347 militantes, un 27% dos 37.800 chamados ao voto.

Nesta consulta chama a atencion a baixa participacion da sucursal galega de IU, apenas 108 militantes exerceron o seu dereito ao voto. Como Esquerda Unida non fai públicos os datos do seu número de militantes é dificil precisar se esta participacion se debe a un baixo interese da súa militancia polos procesos electorais aos que se presentan a suas siglas ou a baixa cantidade do censo total de militantes que ten en Galicia a formación liderada por Eva Solla.

 

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies