Imaxe: http://santiagodecompostela.gal/

Compostela Aberta xa ten listas para as súas primarias

O formación liderada por Martiño Noriega deu a coñecer as listas que optarán ás próximas eleccións muncipais.

Unha vez rematado o prazo de presentación de candidaturas, Compostela Aberta ven de publicar na súa páxina web as listas que optan a conformar a papeleta da formación para as próximas eleccións do mes de maio.

Finalmente soamente hai unha lista, a encabezada polo actual alcalde da capital que, baixo o nome ‘A Compostela das Máis’ conta tamén coa presenza de María Rozas Pérez, Marta Lois González, Rafael Peña Vidal, Concha Fernández Fernández, Álex Castro Botello, Branca Novo Rey, Jorge Duarte Vázquez, Xan Duro Fernández, Noa Morales Sánchez, Miguel Penas Rodríguez, Natalia Paleo Mosquera, Iago Lestegás Tizón, María Jesús Iglesias Prado e Iolanda Rei Rodríguez.

Da lista da actual corporación non repetirá Manuel Dios que anunciou a súa xubilación da política.

Contra a lista oficial soamente se presenta unha candidatura individual, Iago Raposo Mera.

Segundo comunicou o comité electoral, para a probación definitiva hai que agardar ata o día 14 de marzo xa que, ata entón aínda está aberto un prazo para alegacións ás ditas candidaturas.

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies