Oito planetas no sistema solar?

Descuberto un novo planeta anano máis alá da órbita de Plutón.

Ciertíficos do Carnegie Institution for Science, veñen de anunciar o decubrimento dun pequecho planet no Sistema Solar.

Trátase dun pequeno mundo xeado de 300 quilómetros de diámetro e ao que lle puxeron o nome de Goblin aínda que oficialmente é coñecido pola Unión Astronómica Internacional (IAU) como 2015 TG387.

O novo planeta ten unha órbita moi excéntrica e tarda ao redor de 40.000 anos en dar unha volta ao sol. O ano en Goblin é moi, moi longo. Ademais diso, o novo planetoide está estremadamente lonxe. Está a 65 Unidades Astronómicas do sol isto é máis de 150 millóns de quilómetros. Para que vos fagades unha idea está unhas 2.300 veces máis alonxado do sol que a Terra.

Plutón foi deixado de ser considerado o noveno planeta do Sistema Solar no ano 2006 despois de que a IAU fixera unha polémica redefición do concepto de planeta.

Son numerosos os planetas ananos descubertos máis alá de Plutón. Estes obxectos que reciben o nome de transneptunianos ou plutoides soen estar formados por auga, metano e amonícao principalmente. Ademais de Plutón son coñecidos os planetoides Haumea, Makemake e Eiris.

O grupo de astrónomos que fixeron o descubrimento do pequeniño Goblin tamén descubiron o enano Sedna e o 2012 VP113 que teñen 1.00o e 500 quilómetros de diámetro respectivamente o que os fai considerablemente máis grandes que Goblin.

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies