Twitter Mina Touro O Pino NON

Alertan das graves consecuencias da reapertura da mina de Touro-O Pino

A Plataforma veciñal Mina Touro-O Pino NON ven de comezar o envío do informe elaborado polo ICOMOS a pobos, vilas e concellos polos que discorre o camiño de Santiago, dende a fronteira francesa ata Compostela.

A Plataforma veciñal Mina Touro-O Pino NON fará chegar tamén o citado informe, no que se alerta das graves consecuencias que tería para o camiño a reapertura e ampliación da mina de cobre a ceo aberto nos concellos de Touro e O Pino aos departamentos con competencia en materia de turismo das Comunidades Autónomas polas que transcorre e a asociacións de amigos do camiño.

Nos correos enviados, refiren que “de levarse a cabo o proxecto podería supor importantes riscos para a permanencia do Camiño como Ben da Humanidade, título que ostenta na actualidade.

Segundo aseguran dende a Plataforma veciñal Mina Touro-O Pino NON, “cremos que debemos manter e transmitir o legado histórico que supón o Camiño de Santiago, e tamén que non se poden poñer en risco os modos de vida asociados a ese ben cultural e que son vital importancia na economía tanto destes dous concellos como de todos aqueles polos que discorre. De aí nace a necesidade de dar difusión ao Informe elaborado polo ICOMOS”.   

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies