Imaxe: http://www.casareal.es

Felipe VI visita plantacións de eucaliptos días despois do anuncio do fin da prórroga a ENCE

O monarca acudiu a unha xornada que organizaron representantes do sector forestal.

O Centro de Formación e Experimentación Forestal de Sergude acolleu un acto que contou coa presenza, ademais do monarca, do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, o Presidente do Parlamento Galego, Miguel Santalices, e o Conselleiro de Medio Rural, José González.

Felipe VI puido observar os traballos forestais e incluso subiu a uha máquina cun operario para que puidera observar de primeira man como un traballador desenvolveu os ditos traballos. Tamén percorreo as instalacións do centro de formación e fixo un pequeno paseo no que visitou plantacións forestais de eucaliptos e piñeiros.

O monarca español tamén acudiu a unha conferencia ofrecida por Juan Picos Martín, director da Escola de Enxeñaría Forestal da Universidade de Vigo coñecido defensor das plantacións de eucaliptais en Galicia.

A visita de Felipe VI prodúcese soamente uns días despois de que a Dirección Xeral de Sostenibilidade da Costa e o Mar modificara o criterio tomado polo goberno en funcións de Mariano Rajoy e se negara a ampliar a concesión á pasteira ENCE ata o ano 2073.

Protestas

Nas inmediacións do recento concentráronse varias ducias de persoas para visibilizar as protestas contra a explotación mineira nos concellos de Touro e O Pino organizadas pola plataforma veciñal que agrupa aos veciños e organizacións. Tamén estiveron prsentes traballadores da empresa Seaga, dependente da Consellería de Medio Rural, denunciando as condicións laborais que sufre o colectivo de bombeiros forestais.

 

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies