Mobilización dos traballadores de Alcoa
Traballadores de Alcoa desprazábanse a Madrid para mobilizarse diante do Congreso dos Deputados reclamando unha solución á súa situación.
Baixo a pancarta “Por una tarifa energética competitiva” mobilizáronse os traballadores das fábricas de Alcoa na Coruña e en Avilés, reclamando unha solución para ambas plantas, para as que inda non hai compradores tralo anuncio do peche por parte da multinacional, polo que aproximadamente 700 empregos directos están no aire.
Acompañando aos traballadores desprazouse tamén Pancho Casal, deputado de En Marea, que aseguraba acudirao Cogreso para reclamar “un Estatuto dos Consumidores Electrointensivos que de verdade garanta o futuro das plantas de San Cibrao, Avilés e A Coruña”.
Deputados de En Común Podemos buscan sacar rédito da mobilización
Yolanda Díaz, Antón Gómez Reino e Ángela Rodríguez, representantes de En Común-Unidas Podemos denunciaron trala mobilización recibir golpes por parte das forzas de seguridade despois de que nas redes comezase a circular un vídeo no que se ve a Gómez Reino, líder de Podemos Galicia, discutindo airadamente con membros da Policía Nacional.
Yolanda Díaz, Antón Gómez Reino e Ángela Rodríguez, ex-deputados de En Marea, no debate dos orzamentos do PSOE votaban a favor, seguindo a disciplina de voto de Podemos e non de En Marea, formación pola que eran deputados, o que supuña, de facto, aprobar que se recurtasen case 120 millóns de euros en compensación de custes da industria electrointensiva.
Hoxe estamos en #Madrid, respaldando ante o #Congreso as xustas reivindicación dos traballadores de #AlcoaNonSePecha. #EnerxíaSolución!!! @panchocasal @UriaArca pic.twitter.com/WUnf2I4M6f
— EnMarea (@En_Marea) March 28, 2019
Regresando xa no bus cos @TraballadoAlcoa despóis de exixir a posta en liberdade do seu compañeiro detido de maneira inxustificada na concentración fronte o Congreso. Vou reflexionando sobre as diferentes formas da acción, actitude e ética política 😰. #AlcoaNonSePecha @En_Marea pic.twitter.com/UPqGCWWXpJ
— panchocasal (@panchocasal) March 28, 2019