Imaxe: Twitter ourensemellor

Etelvino Blanco, histórico sindicalista ourensá, será o candidato dunha plataforma cidadá

Rematado o prazo de recepción de candidaturas no proceso de primarias da Plataforma Ourense Mellor, proclamouse a recibida, encabezada por Etelvino Blanco.

Xunto con Etelvino, aspirarán a representar á Plataforma Ourense Mellor referentes en diversos ámbitos da sociedade ourensá como Iolanda Pérez Docampo ou Xosé Manuel Pérez Bouza.

A través dun comunicado, dende a Plataforma sinalan que “a presentación dunha única candidatura manifesta a unidade de acción da Plataforma, o acordo nos obxectivos da súa creación e un respaldo sen fisuras ás persoas que conforman a lista”.

As votacións, nas que será requisito para participar asinar o manifesto da Plataforma, http://ourensemellor.gal/asinar-o-manifesto/  terán lugar o sábado 30 de marzo, de 18:00 a 20:00h e o domingo 31 de 11:00h a 13:00h no Hotel Princess da cidade.  

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies