Amigos da Terra lanza unha publicación sobre activismo fronte ao cambio climático

De Galicia ás Illas Baleares pasando por Andalucía, Aragón, A Rioxa e Madrid, heroes e heroínas do clima poñen en dúbida un modelo que pon en risco a supervivencia humana e do planeta. “Sinfonía para el Cambio” amosa diversas iniciativas que desafían o modelo actual.

Amigos da Terra presentaba o pasado domingo esta publicación, na que participaron máis de 30 persoas narrando as súas experiencias persoais de loita contra o cambio climático, na semana de accións que Amigos da terra Internacional leva a cabo entre o 5 e o 13 de outubro para reivindicar xustiza climática e remarcar a importancia do informe especial do Panel Intergobernamental de Cambio Climático (IPCC). 

Amigos da Terra entende este Informe como unha chamada de advertencia dirixida aos gobernos de todo o planeta e a ocasión perfecta para esixir aos principais responsables do cambio climático que actúen con urxencia e baixo os principios da xustiza climática.

“Sinfonía para el Cambio” recolle modos de vida inspiradores e demostra que existe un movemento crecente de persoas que saben plantarlle cara ao cambio climático.

“Somos moitas as persoas dedicadas á agricultura nesta zona, as que entendemos que a produtividade ambiental, social e ecolóxica non ten por qué estar rifada coa produtividade económica”, relata Alfonso Mozo Guzman de Murcia, unha das persoas que participan na publicación.   

Pola súa banda, Pura Seoane de Galicia afirma que cre totalmente imprescindible “que xente como eu esteamos aqui (…) A existencia de persoas vendendo os seus produtos sans e ecolóxicos é equiparable á sanidade ou á educación pública. Agora mesmo sinto que é unha responsabilidade seguir aquí”.

A lectura deste documento deixa entrever a importancia de esixir solucións efectivas dende o ámbito das políticas, con accións destinadas a mellorar a calidade de vida das persoas e da terra. Por iso, a organización ecoloxista reclama obxectivos ambiciosos e vinculantes en materia de redución de emisións, implantación de enerxías renovables, medidas de eficiencia e o aforro enerxético, desinversión en combustibles fósiles e unha aposta decidida por alternativas económicas locais, dende os sectores agrarios e gandeiros ate os industriais.   


📌 Publicación completa “Sinfonía para el Cambio: activismo frente al cambio climático”:

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies