Incidentes no pleno da Coruña a conta dunha alfombra floral

Un grupo de veciños da cidade vella é desaloxado do pleno por arroxar flores ao alcalde Xulio Ferreiro

O pleno do concello da Coruña desenvolveuse con incidentes ao acudir ao mesmo un grupo de veciños a protestar pola destrucción dunha alfombra floral no día de onte.

Para protestar os veciños que acudiron ao pleno botáronlle flores ao alcalde e increparon aos concelleiros. Á vez se desenvolveu unha improvisada concentración onde os manifestantes increparon ao goberno local e procederon a cantar unha oración á virxe do rosario.

O voceiro dos veciños, Antonio Gómez Bellón, declarou que “lle parecía un atentado o que acontecera co tapiz floral”. A empresa de limpeza viaria da Coruña xa pediu desculpas pola retirada accidental da alfombra. Xulio Ferreiro emitiu un comunicado nas redes sociais remarcando o carácter laico das institución e lamentando que se retirase antes do debido a alfombra e comprendendo o disgusto dos veciños que lle adicaron horas. No comunicado tamén criticou que “algúns incendiarios predican sabendo que é mentira, nin eu nin ningún outro membro do goberno local demos instrucións para que a alfombra se levantase antes do domingo do Rosario”.

 

 

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies