O zasca épico que levou Paula Prado tras acusar á médica que denunciou as mortes do CHUS de ‘farsa e mentira’

A vicevoceira do Partido Popular no Parlamento de Galicia cargou con dureza contra a médica de urxencias que denunciou a demora na atención de dous pacientes que faleceron no Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela (CHUS).

A deputada Paula Prado acostuma a crear flames no Twitter e en canta intervención fai. A última ven ser acusar á denunciante de que dúas persoas faleceron no CHUS foi debido a que botaron horas nos corredores do centro sen atención: “Vaya! Ahora resulta q la denunciante dice q los enfermos no murieron en los pasillos de Urgencias. Eso en mi tierra no se llama “matizar” se llama “remendar”. Y le queda mucho por “remendar” eh… veremos como acaba toda esta farsa y mentira. Vergonzoso!”, escribiu non chío a voceira popular.

A resposta da médica non se fixo agardar: “Aclarar señores políticos, la denunciante, o sea yo misma, jamás dijo que el ultimo latido del paciente fuera en el pasillo. LA MUERTE la iniciaron en el pasillo. 2,5 horas él con un infarto y 30 minutos ella con una isquemia intestinal. El 3 caso si fue ahí”, espetou.

Paula Prado debeu quedar ferida pola contundente resposta da médica e non se lle ocorreu outra idea que continuar á ofensiva escribindo un novo chío tratando de desprestixiar á facultativa: “Es vergonzoso que para reivindicar derechos laborales tenga Ud que MENTIR sobre la muerte de dos pacientes. Su profesionalidad y ética dejan mucho que desear”.

O zasca épico chegou coa resposta da médico Fátima Nercellas na que lle indicou o seguinte “No miento. Y para hablar de profesionalidad mire para usted misma. De formarme en la mía me encargo yo. De decir la verdad tb. Si tiene la desgracia de caer por urgencias y esperar en pasillo, piense que un gestor está ahorrando pero haga su turno por “el partido”.

 

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies