O Barbanza volve arder

Escasas horas despois de que se extinguise o incendio de Dodro-Rianxo, o lume volve ao Barbanza, desta vez en Boiro.

Un incendio declarado a noite pasada nos montes de Mosquete, en Boiro, permanece activo, segundo información da Consellería de Medio Rural a primeira hora da mañá.

O incendio era de tal magnitude que se vía dende diferentes puntos da Ría de Arousa: Vilagarcía, A Illa de Arousa, Carril, etc.

O incendio de Boiro comezaba escasas horas despois de que dende Medio Rural se dese por extinguido o de Rianxo, o primeiro de grandes dimensións que se rexistraban en 2019 e que, segundo as últimas estimacións arrasou 1162 hectáreas.

Dende a noite do luns, os incendios calcinaron en Galicia máis de 1200 hectáreas, case a metade que as 2608 que arderon todo o ano pasado.

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies