Feijoo sae na defensa de ENCE para que siga na ría
Feijoo criticou a decisión do goberno de non ampliar a prórroga da concesión da planta da compañía ata o ano 2073.
A Dirección Xeral de Sostenibilidade da Costa e o Mar modificou o criterio tomado polo goberno en funcións de Mariano Rajoy e negouse a que a concesión da pasteira ata o ano 2073. Deste xeito o goberno desiste de seguir defendendo nos tribunais a prórroga concedida polo executivo do Partido Popular.
Ence conseguiu a súa primeira concesión na ditadura a través dunha orde ministerial do réxime franquista no ano 1958. A dita orde permitía á pasteira seguir instalada na ría, en terreos públicos, durante 60 anos. O prazo remataba no ano 2018. O goberno do Partido Popular, con Rajoy á fronte, estando en funcións durante a lexislatura fallida na que non foi posible conformar goberno, aproveitou para decretar unha prórroga da concesión que lle daría permiso 60 anos máis ata o 2076.
Feijoo saiu na defensa da empresa cargando contra a decisión tomada pola DX de Sostenibilidade e cargou contra o goberno do estado. O propio executivo presidido por Feijoo xa saíra no pasado na defensa da pasteira en xuño de 2016 asinando un pacto ambiental con Ence a través da Consellería de Medio Ambiente na que trataba de branquear a imaxe contaminante da factoría.
Vinculos co Partido Popular e portas xiratorias
Ence conta no seu consello de administración con numerosos membros con vinculación recoñecida co Partido Popular. Forman parte de dito consello:
- Isabel Tocino: Ex Ministra de Medio Ambiente no estado
- Carlos del Álamo: Ex conselleiro de Medio Ambiente nos gobernos de Fraga
- Fernando Abril-Martorell Hernández: Fundador de UCD e ex deputado desa formación por Valencia
Pingback:Felipe VI visita plantacións de eucaliptos días despois do anuncio do fin da prórroga a ENCE - O Parte
Pingback:CCOO ponse do lado do PP para reclamar que ENCE continúe na ría - O Parte