Imaxe: http://anova.gal/

Anova tamén se farta e di que non compartirá candidatura con Podemos

Anova Irmandade Nacionalista ven de anunciar que non concorrerá ás eleccións xerais do 26 de abril tras non acadar un acordo con Esquerda Unida e Podemos Galicia para a reedición da coalición electoral á marxe de En Marea.

A través dun comunicado, a formación liderada por Antón Sánchez aseguraba que centrarán os seus esforzos “nas próximas municipais, traballando no espazo da Unidade Popular” pois “lamentablemente non se dan as condicións políticas para que Anova poida asinar un acordo semellante ao que deu orixe á coalición En Marea en 2016. Condicións que pasan pola imprescindible coralidade do espazo en clave de ruptura, pese a que a proximidade das eleccións municipais fixo que as mareas municipalistas non puidesen implicarse no proxecto de Fronte Ampla, cónstanos o seu esforzo por acadala e serán fundamentais para conseguir a unidde no futuro”.

O comunicado de Anova coñeceuse a poucas horas do peche do prazo para rexistrar coalicións electorais, que remata a medianoite de hoxe.

One thought on “Anova tamén se farta e di que non compartirá candidatura con Podemos

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies