Antón Gómez-Reino // Imaxe: http://congreso.enmarea.gal

Gomez-Reino muda a comisión de garantías de Podemos tras cuestionar a limpeza das súas primarias

Os cambios na comisión de garantías de Podemos xorden despois de que esta emitise un ditame solicitando a auditoria das primarias nas que se elixiu a Gómez-Reino.

A formación morada ven de reestructurar a súa Comisión de Garantías en Galicia. Esta modificación xorde xusto despois de que dende dita comisión se emitise un informe no que solicitaban á cúpula da dirección galega, encabezada por Antón Gomez-Reino, que auditase as primarias da formación logo de detectar presuntas irregularidades nas mesmas.

Así, despois dos cambios producidos, a comision de garatías queda formada por María de la O Fernández González, Fernando Otero, María Otero e Luis Medardo Díaz pola parte da lista afin a Gomez-Reino; Vanessa Vidal e Bieito Cambeiro pola parte afin á lista de Carolina Bescansa, e Marta Díaz Marcos como independente. Esta composición asegura a maioría de membros oficialistas neste órgano de Podemos Galicia.

Dúbidas sobre as primarias

Precisamente foi esta comisión de garantías, coa composición anterior, a que redactou un informe denunciando varias irregularidades e solicitando unha auditoría do proceso de primarias. Ante a negativa da dirección a realizar esa auditoria Carolina Bescansa, candidata da lista rival a Gomez-Reino, amosou o seu desacordo e acusou ao voceiro de arrogarse competencias que non eran súas.

Pola súa parte Reino vinculou estas críticas á crise aberta actualmente na formación morada entre os afíns a Pablo Iglesias e Íñigo Errejón. “É un momento extraño para que saia isto”, afirmou o voceiro de Podemos Galicia e procedeu a anular a resolución da comisión de garantías anterior – que cuestionaba a forma na que o secretario xeral galego chegara ao cargo – apoiándose na nova correlación de forzas que impuxo no órgano.

 

O ditame que pon contra as cordas a Gómez-Reino

A comisión de garantías de Podemos emitira un escrito solicitando a Pablo Echenique que auditase as primarias nas que resultou elixido Gómez-Reino. A comisión lembrou que “Que dende febreiro de 2017 Podemos prescindiu das empresas externas e organizacións sen ánimo de lucro encargadas de garantir a seguridade dos seus procesos electorais en todo o que ten que ver co censo, a organización do proceso, propaganda, campañas, etc.” e non se quedou aí senón que denunciou prácticas extrañas na sistema de votacións que usa Podemos: “A ausencia de auditoría externa e o control íntegro do censo por parte do aparato do partido. As accións sobre o censo de Podemos son directamente dirixidas por dous membros do actual Consello de Coordinación Estatal de Podemos. A posibilidade de cambialo voto ao longo do proceso de votación sen que a cabina de votación informe ao votante de que está modificando o seu voto por primeira, segunda, terceira, etc. vez. Esta característica do sistema posibilitaría a emisión fraudulenta de votos dende os servidores tanto antes como despois de que o inscrito chegue a votar e non deixa rexistro explícito para o votante. A imposibilidade dos votantes para comprobar o sentido do seu voto unha vez emitido” cuestións que xa foran feitas públicas no ano pasado polo auditor externo de Podemos, Open Kratio, mediante un informe no que valoraba negativamente algúns aspectos centrais dos procesos electorais de Podemos.

 

One thought on “Gomez-Reino muda a comisión de garantías de Podemos tras cuestionar a limpeza das súas primarias

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies