IBM merca Red Hat por 34.000 millóns de dólares

IBM ven de anunciar que comprará a compañía de software Red Hat, especializada en Linux.

Red Hat é unha compañía que naceu ao redor dunha distribución de Linux e que agora, ademais, está especializada en Cloud Computing.

O xigante azul ven de facer unha oferta de compra das accións da compañía na que pagará 190 dólares en efectivo por cada acción, un valor 62% maior do que actualmente custa a acción.

Con este movemento IBM quere tomar posición nos servizos empresarias na nube para facer fonte a Amazon e Microsoft que lideran hoxe ese mercado.

A compañía americana indicou que manterá a independencia de Red Hat á vez que unirá forzas con Red Hat para competir e maior escala e ter máis recursos e capacidade que o impacto do código aberto sexa maior e máis amplo. A colaboración de ambas compañías xa ven de moitos anos atrás xa que o xigante azul colaboraba activamente no desenvolvemento do núcleo Linux de Red Hat. A compañía do sombreiro emitiu un comunicado no twitter no que indicaba que “Hoxe é un día de grande importancia para o código abeto. Red Hat combinará as súas forzas con IBM na maior transacción da historia dunha compañía open source.”

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies