O Vaticano lanza ‘JesusCrist Go’ un clon Pokemon Go! e provoca o cachondeo nas redes sociais

A Igrexa católica quere gañarse o seu mercado de videoxogos móbiles e ven de lanzar unha imitación do Pokemon Go! que, co nome de Follow JC GO! anima os xogadores a burcar personaxes bíblicos mentres van paseando pola rúa.

O videoxogo está dispoñíbel tanto na tenda de Google como na App Store polo que se poderá xogar en dispositivos Android e nos dispositivos iOS como no iPhone e o iPad.

O xogo permite crear equipas de evanxelización nas que se integran os xogadores nos que se integran personaxes da biblia, santos e aparicións da virxe e deberán cumprir diferentes misións individuais e de grupo e tamén deberán responder preguntas sobre a biblia e historiografía cristiá.

O vaticano ven de lanzar o xogo aproveitando a celebración da Xornada Mundial da Xuventude que terá lugar o ano que ven en Panamá e para dalo a coñecer foi o propio Papa Francisco o primeiro xogador.

O lanzamento non deixou indiferente ás redes sociais que tiraron de retranca e imaxinación ante o lanzamento do videoxogo.

 

 

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies