Sabela de OT fai ferver as redes coas súas cancións en galego.
A concursante de Operación Triunfo non dubida en cantar cancións en galego a cada momento.
Sabela, a concursante de As Pontes non deixa de revolucionar aos fans de OT no país, se primeiro foi cantando e galego pola casa da academia de música, e logo decidindo cantar Benditas Feridas, de Rosa Cedrón na gala na que se xogaba a súa expulsión, agora é o turno de Berrogüeto e a canción Bailador.
Acompañada da súa pandeireta e na sala de grabación, Sabela, dun xeito totalmente desinibido canta coñecida canción de Berrogüeto ante o furor das redes sociais ao escoitar á galega cantar no seu idioma.
Pero a cousa non queda aí, xa que tamén nesta última semana puidemos disfrutar da propia Sabela, e Miki, a súa parella musical desta semana, versionar a canción de Rosana, No olvidarme de olvidar, metade en galego metade en catalán, linguas de ámbolos dous concursantes.
E é que o amor de Sabela pola lingua galega parece non ter fin, e demóstrao en cada ocasión que pode, así durante as tarefas cotiás da casa tamén puidemos ver como a das Pontes ensinaba galego ás súas compañeiras Marta e Natalia, a ritmo do cancioneiro popular galego.
La canción de Sabela y Miki cantanda en gallego y catalán queda preciosa #OTDirecto1NOV pic.twitter.com/FuuKu1Txwx
— Mireia |☀️🌙🎸| (@JuliaftAlbalia) November 1, 2018
Pingback:Sabela a concursante máis votada na semifinal de Operación Triunfo tras defender unha canción en galego - O Parte