Vero Boquete, o novo nome do Multiusos de San Lázaro
O concello de Compostela decide por unanimidade poñer o nome da xogadora ao estadio municipal.
Estadio municipal Vero Boquete de San Lázaro, así será o novo nome do Multiusos de San Lázaro, despois de ser decidido unanimemente por todos os grupos políticos do Concello de Compostela.
A noticia que foi presentada polas concelleiras Noa Morales (Compostela Aberta), Goretti Sanmartín (BNG), María Corral (PP) e Milagros Castro (PSOE) cunha enorme ledicia por ser Vero Boquete unha veciña que está a levar o nome de Compostela polo mundo adiante.
Verónica Boquete, é a día de hoxe unha das mellores xogadoras de fútbol do mundo, tendo no seu extenso palmarés trofeos tan sinalados como unha Champions League, unha Bundesliga ou a Medalla Castelao. Boquete tamén ten a honra de ser a primeira futbolista do Estado español en disputar a Liga de Campións que finalmente acadaría gañando.
Vero mostrouse orgullosa e ilusionada por este presente e así o manifestou nas súas redes sociais onde publicou un chío ao respecto.
¡Emocionada, orgullosa, feliz y sobretodo agradecida! Que el estadio de San Lázaro pase a llevar mi nombre es el mayor reconocimiento posible y la muestra más grande de cariño. En mi tierra, de mi gente.
¡Infinitas gracias COMPOSTELA!— Verónica Boquete (@VeroBoquete) November 8, 2018
Tamén o Concello deCompostela mostrou a súa satisfacción no twitter pubicando varios chíos ao respecto, recoñecendo a Boquete como a mellor xogadora da historia e recordando como alá polo ano 2015 foi ela mesma a encargada de dar o pregón das festas do Apóstolo.
⚽️ Xa é oficial! O Estadio de San Lázaro pasará a chamarse Estadio Municipal Vero Boquete de San Lázaro!! A mellor futbolista da nosa historia @VeroBoquete recibe así un recoñecemento por parte da súa cidade
👉 Trátase dun acordo unánima de toda a corporación pic.twitter.com/TCtLQMePPv— Concello de Santiago (@PazodeRaxoi) November 8, 2018