Imaxe: Facebook Jose Luis García López

O alcalde de Arzúa márcase un “Caballero” e sube a cantar cos Herdeiros da Crus

“Hallelujah, hallelujah” foi a canción que Jose Luís García interpretou xunto a Toñito de Poi e Javi Maneiro, dentro do concerto ofrecido por Herdeiros durante a Festa do Queixo desta pasada fin de semana.

Tan só catro días despois de que o concerto de Herdeiros da Crus en Vigo no que o alcalde, Abel Caballero, tiña pensado actuar, pero que finalmente foi cancelado, é o rexedor de Arzúa quen toma o bastón de mando para subirse ao escenario diante de máis de 2000 persoas.

Así, foi un temporal o que impediu ao alcalde de Vigo cantar cos Herdeiros da Crus, pero desta volta, nin o frío nin a auga que caía esta fin de semana en Arzúa foi quen de impedir que o alcalde coruñés dedicara unhas notas á súa veciñanza.

José Luís García compartía onte en Facebook o momento, e entre bromas aseguraba que so os Herdeiros eran capaces de conseguir que el se subira alí a dar o dó de peito. Do mesmo xeito deixaba claro que por unha temporada estaba servido de emocións fortes.

https://m.facebook.com/story.php?story_fbid=10218632669596007&id=1475586251

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies