José Manuel Pérez Afonso (Josito) nun acto de campaña // Imaxe: www.facebook.com/podlugo

A terceira candidatura a liderar Podemos Galicia xa ten cara

O lucense José Manuel Pérez Afonso (Josito) presenta a súa candidatura á secretaría xeral de Podemos Galicia, como fixeron en días anteriores o deputado de En Marea Antón Gómez Reino e Carolina Bescansa, a quen Carmen Santos amosou o seu apoio “simbólico”.

Josito, xunto co resto de representantes de Podemos, abandonou o pasado ano a coordinadora de LugoNovo por discrepancias co rumbo tomado pola formación, próxima á dirección de En Marea.

Tanto Bescansa como Gómez-Reino iniciaron contactos con inscritos de Podemos Galicia que traballan nesa terceira vía que encabezará Josito Pérez, co obxectivo de integralos nas súas listas. Polo momento eses contactos non están avanzados, marcándose de prazo ata o domingo, último día para a presentación de avais de cara a concorrer ao proceso. 

2 thoughts on “A terceira candidatura a liderar Podemos Galicia xa ten cara

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies