Partes de Ultima Thule (NASA/Johns Hopkins University Applied Physics Laboratory/Southwest Research Institute)

A sonda New Horizons fotografou un asteroide con forma de cabaza de peregrino

O obxecto recibe o nome informal de Ultima Thule e está no cinturón de Kuiper

A NASA ven de comunicar que a sonda New Horizons conseguiu fotografar o obxecto Kuiper 2014 MU69 que espertou grande expectación na comunidade científica pola súa forma de cabaza de peregrino. Trátase dun obxecto binario de 33 quilómetros de longo que está formado pola unión de dous corpos case esféricos, o que lle provoca a súa chamativa forma.

O asteroide foi fotografado pola sonda New Horizons a 3500 kilómetros e atópase a máis de 6.600 millóns de quilómetros da terra, o que o sitúa como o obxecto máis afastado do que se teñen fotografías.

A sonda recolleu tamén unha grande cantidade de datos – 50 gigabits – que serán enviados lentamente á axencia espacial para o seu estudo.

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies