Twitter SPDCiF

Ourense comeza o ano con máis de 160 hectáreas queimadas

Durante esta semana declarábanse varios incendios na provincia de Ourense, o da parroquia de Castromil, na Mezquita, queimara 161 hectáreas cando conseguiron extinguilo

Nos últimos seis días, en Galicia foron calcinadas máis de 300 hectáreas, pois dende o 30 de decembro, a Consellería de Medio Rural informou de polo menos catro incendios de máis de vinte hectáreas.

Segundo fontes da Consellería, o primeiro deses lumes declarábase o penúltimo día do ano, ás 12:20h, no municipio ourensán de Viana do Bolo, na parroquia de Penouta. Durante cinco horas traballaron na súa extinción, “4 axentes, sete brigadas, tres motobombas e un helicóptero”. Ese lume calcinou 35 hectáreas de monte raso.  

Ás 23:00h do 31 de decembro, comezaba outro incendio no mesmo concello, na parroquia de Ramilo. Na súa extinción traballaron “tres axentes, sete brigadas, unha motobomba e un helicóptero” Dábase por controlado ao día seguinte tras arrasar 50 hectáreas.

Fontes do servizo de extinción alertaban tamén onte doutros focos, de menores dimensións, en Vilariño de Conso e A Gudiña.

O máis importante desta vaga de lumes foi o declarado na parroquia de Castromil, na Mezquita, onde seis focos simultáneos calcinaron 161 hectáreas.  

Estes lumes xeraron que os profesionais do sector criticasen nas redes sociais a falta de medios dispoñibles

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies