O grupo parlamentar de En Marea en Madrid négase a render contas no plenario
Tomaron un acordo no que din que En Marea non é o espazo que os designou.
O grupo parlamentario de En Marea no parlamento español non vai render contas ante as bases de En Marea. Segundo trascendeu non consideran que a formación rupturista nacida en xuño de 2016 sexa o espazo que os designou.
Esta decisión ven motivada por unha xuntanza da chamada Mesa da Confluencia, instada polo alcalde de Santiago de Compostela, Martiño Noriega. Este órgano decidiu que o grupo parlamentar estatal soamente debe rendir contas ante os partidos que sustentan a coalición: Podemos, Anova e Esquerda Unidad aínda que abren a porta a rendelas tamén ante Marea Atlántica, Compostela Aberta e Ferrol en Común que son os actores que conforma a Mesa da Confluencia.
Tensións no grupo nas Cortes
A decisión do grupo foi tomada por maioría e non concordaron con ela a deputada Alexandra Fernández e tampouco Miguel Anxo Fernán-Vello. Os dous xa acudiran a rendir contas ao anterior plenario onde foron visibles as ausencias de Yolanda Díaz, Antón Gómez-Reino e Ángela Rodríguez principais artífices da decisión do subgrupo de En Marea no estado.
Reproches a Fernán-Vello
O grupo no estado reprocha ao deputado lucense que intervira no plenario anterior porque din que propiciu unha certa confusión respecto á rendición de contas do grupo que acordara, xa de aquelas, non facer e desautoriza aos deputados que acudan dicindo que os que acudan ao plenario de En Marea farano a título individual e non en representación do grupo.
Podemos e a confluencia
Antón Gómez-Reino, o recén elixido secretario xeral de Podemos Galicia, foi o que desequilibrou a balanza no grupo parlamentar no estado e propiciou non acudir ao plenario a rendir contas xa que no subgrupo parlamentar son cinco e tanto Alexandra Fernández como Miguel Anxo Fernán-Vello estaban a prol de acudiracudir e render contas. Na campaña interna para a secretaría xeral de Podemos en Galicia amosouse como confluínte e falaba da formación galega como o espazo de confluencia pero a decisión que tomou o grupo parlamentar grazas ao seu voto provocaría que aínda que fose ao Plenario non rendera contas algo que podería chegar a ser esperpéntico.
Pingback:Alexandra Fernandez acusa ao grupo de En Marea en Madrid de primar os seus intereses persoais - O Parte