Imaxe: https://www.facebook.com/enmarea.ourense/

En Marea parodia os carteis de Vox e Ciudadanos nun acto en Ourense

Iván Olmos e a candidatura de Ourense celebrarán un acto parodia en Ourense.

En Marea, consciente de que se está a xogar a entrada dos seus deputados con Ciudadanos e Vox, está a botar o resto nesta final de campaña.

A aposta realizada en Ourense pola formación confluínte entra de cheo no corpo a corpo cos partidos dereitistas do estado e plantexa “debater de forma distendida e retranqueira sobre as cuestións de Galiza”.

As imaxes coas que se anuncia o acto son unha parodia clara dos carteis da formación de Albert Rivera e tamén se fai mofa do “Cañas por España” que utiliza Vox e que En Marea substituiu por un “Licor Café! Polo país”.

Grândola, Vila Morena

O acto coincide ademais co día 25 de abril no que se conmemora a ‘Revolución dos Cravos’ que liberou a Portugal, hai 45 anos da ditadura de Salazar. Dende En Marea apuntan que é “un xeito especial de celebrar o 25 de abril e de lembrar que o Povo é quem mais ordena”.

O evento terá lugar este xoves día 25 de abril ás 22:00 horas no Bar O’Renque situado na zona do Campus Universitario de Ourense.

 

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies