Imaxe: Twitter Alexandra Fernández

O zasca colosal de Alexandra Fernández (En Marea) a Yolanda Díaz (Podemos)

O zasca a través das redes sociais de Alexandra Fernández (En Marea) a Yolanda Díaz (Podemos) en relación ás diferenzas de voto en anteriores ocasións á dos orzamentos viralizouse rapidamente.

Fai uns días, en La Voz de Galicia Yolanda Díaz aseguraba, en alusión a Alexandra Fernández “non é a primeira vez que vota en sentido diferente ao resto do grupo como ocurriu no caso do decreto do aluguer, inda que as normas do partido prevén que a postura nas votacións se adopte por consenso”, ao que Alexandra respondeu a través das redes sociais.

Para Alexandra Fernández, “O exemplo do decreto do alugueiro ilustra cales eran os intereses aos que respondíamos uns e outros á hora de votar”, pois “o decreto do Goberno para a reforma dos alugueiros contiña entre outras moitas medidas, unha moi importante: permitía delimitar a vivenda baleira, de forma que os concellos puideran aplicarlles un recargo de ate o 50%”. Isto supón, continua explicando a deputada, que “os grandes tenedores de vivenda veríanse abocados a colocalas no mercado no canto de telas paradas con fins especulativos. Por tanto, o aumento da oferta suporía un descenso dos prezos da vivenda. Tamén tería outros grandes beneficios, como a reordenación sostible do parque inmobiliario para evitar o absurdo de seguir expandindo as cidades e consumindo territorio, mentres os centros quedan baleiros”.

Esta medida sería moi positiva para Galicia, continua explicando, e en xeral, para o conxunto do Estado pois “as nosas áreas urbanas contan cun gran parque de vivendas baleiras (por exemplo, en Vigo hai case 20.000, pero os prezos non paran de subir). Mesmo nas vilas medias e no rural existen vivendas en mans dos bancos paralizadas”.

Alexandra pregúntase, de xeito retórico “por que o resto de deputadas de En Marea seguiron a disciplina de Unidos Podemos e votaron en contra desta medida”, respostando que o motivo foi “que resultaba insuficiente para as cidades de Madrid e Barcelona, que non teñen vivenda baleira nos seus centros e precisan poñer un prezo límite aos alugueiros”.

Fernádez votou para “permitir que as medidas saísen adiante porque era unha boa oportunidade para cambiar por completo a política de vivenda no noso país, en liña co traballo desenvolvido tanto no Congreso coma no Parlamento Galego”.

Afirma que si votaron diferente en máis dunha ocasión, como dicía Yolanda Díaz, e cuestiona, finalmente se “é lexítimo coincidir nunha votación co PP (que non na razón do voto) cando se segue a axenda de Madrid, pero non cando se segue a axenda de Galicia”.

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies