Imaxe: Facebook Marcha Mundial Mulleres

8M: Horarios e lugares de eventos e mobilizacións

A folga feminista do 8 de marzo conta cun gran número de convocatorias: manifestacións, concentrcións, actividades lúdicas, formativas, informativas, etc.

Tanto nas grandes cidades como en vilas e concellos pequenos organízanse actividades e mobilizacións.

As manifestacións están organizadas pola plataforma Galegas8M e, entre as principais convocatorias de manifestacións atópanse as seguintes:

  • Na Coruña, ás 19:30h, dende o Obelisco á Praza das Cigarreiras.
  • En Lugo, ás 20:00h, dende a Explanada da Xunta á Praza de Santa María.
  • En Ourense, ás 20:00h, dende a Subdelegación do Goberno.
  • En Pontevedra, ás 20:00h, dende Praza do Hospital ao Monumento aos Heroes de Pontesampaio.
  • En Santiago de Compostela, ás 20:00h, dende a Praza 8 de Marzo á Praza do Obradoiro.
  • En Vigo, ás 20:00h, dende a Praza de España á Porta do Sol.
  • En Ferrol, ás 19:00h, dende a Praza Amada García á Praza da Amboage.
  • En Carballo, ás 20:00h, dende os xulgados.
  • En Burela, ás 20:00h, dende a Estación de Tren á Praza do Concello.
  • En Vilalba, ás 20:30h, dende a Praza da Constitución.  

Alén destas, Galegas8M continua publicando na súa páxina web e a través das redes sociais.

Ademais das manifestacións, en ducias de concellos levaranse a cabo concentracións ao mediodía e diversas actividades como unha “Treboada Feminista” en Santiago de Compostela, ás 11:30h, consistente nun pasarrúas que comezará en diferentes lugares como a Rotonda da Galuresa, a rotonda Paz,a Praza Rodríguez Cadarso… confluíndo todos os grupos finalmente na Alameda; ou un xantar colectivo en Ourense, convocado ás 14:00h na Praza Maior, trala concentración que terá lugar ás 13:00h.    

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies