Imaxe: https://amtega.xunta.gal

Feijoo endebeda os galegos noutros 400 millóns de euros

O montante total da débeda pública galega superará os 12.000 millóns de euros e Feijoo triplicará o endebedamento co que colleu a Xunta de Galicia.

A Consellería de facenda ven de publicar no Diario Oficial de Galicia as condicións dunha nova emisión de obrigacións por un importe de 400 millóns de euros. O executivo presidido por Alberto Núñez Feijoo toma esta medida na véspera de tres procesos electorais: eleccións ao Congreso e Senado, ao Parlamento europeo e municipais. Con esta emisión aumenta un 3,4% o endebedamento de todos os galegos e Feijoo bate un novo record de débeda publica conseguindo triplicar a débeda coa que entrou no goberno despois da derrota do goberno bipartito.

Soamente con esta operación a poboación galega pagará case 6 millóns de euros de xuros ao ano durante dez anos e o montante total da débeda situaríase en máis de 12.200 millóns de euros despois de que o goberno do PP asinara operacións de débeda durante os mandatos de Feijoo por un saldo neto de 7.907 millóns de euros.

Cando Feijoo entrou a presidir a Xunta de Galicia a débeda era 3.923 millóns de euros. Os datos oficiais do Banco de España indican que a débeda galega era de 11.831 millóns de euros ao que habería que sumar aínda as operacións do último trimestre do ano 2018 e as producidas no que vai deste ano 2019 entre as que se atoparían este novo incremento de 400 millóns de euros.

Comparación co endebedamento durante o bipartito

O bipartito entrou a gobernar Galicia no mes de xuño do ano 2005. Fraga deixara unha débeda nas arcas públicas de 3.326 millóns de euros. O bipartito aumentouna en apenas 600 millóns máis deixándoa en 3.923 millóns de euros. Dende que Feijoo colleu a Xunta a débeda aumentou en máis de 7.900 millóns de euros situándose en máis de 12.000 millóns de euros. Isto supón que o goberno do PP conseguiu tripliar a débeda en apenas dez anos e, se facemos unha comparación relativa ao goberno bipartito, Feijoo endebedeuse máis de 1300% máis que o goberno presidido por Emilio Pérez Touriño. Isto bota por terra o descurso da austeridade que utiliza Feijoo en cada intervención pois demostra que o seu goberno endebedeu 13 veces máis os galegos que o goberno anterior.

Print  CSV  Excel  Copy  
 

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies