Imaxe: https://enmarea.gal

En Marea empraza aos deputados a participar nas primarias en pé de igualdade coas inscritas

En Marea anunciou a apertura do proceso de primarias á cidadanía en xeral, emprazando aos deputados e deputadas a participar.

Ana Seijas, vicevoceira de En Marea salientaba en diversas entrevistas que “o censo está aberto aos deputados e a todas as persoas”.

Os actuais cargos parlamentares nas Cortes e os partidos aos que pertencen, así como os rexedores da Coruña e Santiago apostan por reeditar a fórmula da coalición, cuestión que afeou Ana Seijas no día de onte, asegurando que “prefiren a coalición cando eles, para as municipais, están elaborando listas únicas seguindo a fórmula tradicional dos partidos clásicos. O que é bo para o local tamén é bo para o estatal”.   

Podemos e Esquerda Unida pretenden reeditar a coalición, algo xa fixado dende maio de 2018, o que lles permitiría situar nas listas aos seus candidatos, Antón Gómez-Reino e Yolanda Díaz, sen pasar por primarias.

A vicevoceira de En marea, nunha entrevista concedida hoxe á Radio Galega enfatizaba que “En Marea é a casa común, un espazo compartido, transversal e plural onde entra toda a cidadanía e iso é o que nos diferenza doutros espazos políticos”, asegurando que este proceso de primarias constata que “En Marea somos un espazo de adscrición individual que defende a democracia, a participación directa e a ética. Somos precursoras dun proceso de primarias sen precedentes, aberto a toda a cidadanía”.

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies