Imaxe: http://congreso.enmarea.gal

Podemos e Esquerda Unida tamén dinamitan confluencias noutros lugares do estado

Podemos e Esquerda Unida firmaron en maio de 2018 unha coalición electoral e dende entón tratan de impoñer candidatos sen primarias nas confluencias.

As enquisas non son favorables para Unidos Podemos e quizais esa sexa a razón pola que están tratando de cubrir a baixada de expectativas electorais coa presenza de cargos e candidatos nas institucións.

Ademais de Galicia, onde Podemos e Esquerda Unida queren reeditar unha coalición para tratar de colocar os seus candidatos nunha negociación en lugar de pasar por unhas primarias abertas, o ataque a partidos instrumentais e outras fórmulas que non sexan unha coalición que inclúa o seu nome acontece en numerosos casos ao longo e largo do estado.

En Zaragoza, Podemos suspendeu a asistencia ás mesas de Zaragoza en Común. A raíz do problema é o desembarco de Violeta Barba, deputada das cortes aragonesas para as municipais e a loita por abrirse paso nas listas está a poñer en xogo a confluencia nunha das cidades do cambio. O argumento que utiliza a formación morada é que “non se está reconociendo el peso específico de Podemos”, un argumento que utilizou Antón Gómez-Reino en Galicia contra Luís Villares.

En Sevilla o proceso de confluencia pode saltar polos aires onde Iniciativa del Pueblo Andaluz denunciou que “no merece la pena continuar con un proceso y ser cómplices de una supuesta confluencia abierta a la ciudadanía en donde los no organizados en determinados partidos no tienen ninguna posibilidad de sacar adelante cuestiones que no estén en la agenda ya prevista”.

En Cantabria está a acontecer o mesmo pero aí son os socios de EU e Equo os que saen centrifugados debido a que a Secretaria Xeral do partido enfrontouse á dirección estatal e incluso xudicializou o veto de Podemos de poder presentarse a primarias.

En Córdoba aconteceu máis do mesmo despois de que Podemos e Izquierda Unida impuxeran condicións. Dende Ganemos Córdoba denunciaban estas prácticas e a súa defensa acérrima “en su apuesta autónoma y asamblearia como proyecto de confluencia municipalista entre personas” á vez que rexeitan “reiteran su rechazo al modelo de coalición de partidos“.

En Granada viven tamén unha situación moi similiar a Córdoba e a confluencia saltou polos aires. Nesta ocasión foi Equo quen denunciou as actitudes de Podemos e Esquerda Unida: “Llevamos prácticamente cinco meses reuniéndonos con ellos y aún no se han abordado, ni parece que se quieran abordar, temas tan básicos como los objetivos de acción municipal, la forma de organización de la confluencia, el funcionamiento del futuro grupo municipal…”

En Murcia tamén están a sufrir as consecuencias das presión de Podemos que indica que as listas se deben elaborar “con el peso específico que cada fuerza tiene que tener en la representación de las candidaturas de cara a los procesos electorales, no solamente a nivel municipal sino también a nivel autonómico”.

En Segovia o proceso de confluencia tamén se estacou despois de que “Podemos se cerro en banda a admitir la fórmula de elecciones primarias”.

 

Problemas entre Podemos e Esquerda Unida

Esquerda Unida e Podemos mais que socios parecen un matrimonio de conveniencia en moitos lugares e noutros nin iso. Esquerda Unida está a botar un pulso coa formación de Pablo Iglesias e incluso chega a indicar que non concurrirá coa formación morada en varias comunidades autónomas. Navarra, Murcia e Asturias están nesa tesitura e pronto se lles poderían engadir Madrid, Aragón e Castela León.

 

 

 

 

 

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies