Máis participación nesta xornada de votación que en 2016
Ás 14:00 horas, segundo informaban dende o Ministerio do Interior, a participación situábase no 36,88% en Galicia, sendo do 34% en 2016.
Dende o Ministerio do Interior aportaban ás 14:00 horas os primeiros datos oficiais de participación, situándose a mesma no 41,34% a nivel estatal, e no 36,88% en Galicia, con cifras superiores ás das eleccións xerais de xuño de 2016.
En toda Galicia exerceron o seu dereito ao voto xa 748.874 persoas, fronte ás 769.308 de 2016.
Os datos de participación tamén son mellores que os rexistrados nas últimas eleccións xerais nas catro provincias: Na Coruña acadouse o 36,59% fronte ao 33,29% de 2016, en Pontevedra o 37,68% fronte ao 35,85%, en Lugo o 35,17% fronte ao 31,19% e en Ourense o 37,88% fronte ao 34,73% de 2016.
Hoxe, en Galicia están chamados ás urnas 2.240.616 galegos e galegas para decidir aos 23 deputados e 16 senadores que representarán ás catro provincias galegas nas Cortes Xerais.
Do total de electores, 58.093 son mozos que votan por primeira vez, ao cumprir os 18 anos tralos últimos comicios. Deles, 24.010 corresponden á provincia da Coruña, 22.362 á de Pontevedra, 6.061 á de Lugo e 5.660 á de Ourense.
Nas eleccións xerais sóese prestar máis atención ao que acontece no Congreso que no Senado, en mans do Partido Popular dende mediados dos anos 90, pero, hoxe renóvase tamén o 80% da Cámara Alta, fundamental para reformar a Constitución, aplicar o artigo 155 ou determinar o teito de gasto co que se elaboran os Orzamentos Xerais do Estado entre outras cousas.
Los avances de participación y los resultados provisionales de las elecciones del #28A por Comunidades Autónomas, provincias, municipios y candidaturas se pueden consultar en la web oficial:
💻 https://t.co/FGtzZEcWQ4 pic.twitter.com/AOd6Mgt1Sb
— Ministerio Interior (@interiorgob) April 28, 2019