O adianto electoral colle co pé cambiado aos grandes partidos galegos

O anuncio de Sánchez de adiantar as eleccións xerais deixou en stand by as estratexias electorais dos grandes partidos de cara ás municipais.

As eleccións xerais míranse con preocupación dende os grandes partidos, preocupados polas implicacións que os resultados obtidos nelas poidan ter nos vindeiros comicios, as municipais  europeas. Este temor percíbese sobre todo no PP e o PSdeG, pois saben que dependendo da distribución de escanos no Congreso e das posibilidades de goberno, os seus argumentos poderán reforzarse ou debilitarse para a cita das municipais o 26 de maio.

Populares e socialistas on quen máis teñen que perder nas eleccións de abril, e tamén nas de maio, inda que para En Marea e BNG tamén serán cruciais.

O PP teme que o voto da esquerda se polarice no PSOE, sobre todo trala campaña prantexada polo propio Sánchez de “ou el ou as tres dereitas” e tamén temen os populares a fuga de votantes cara Ciudadanos e Vox, o que provocaría un forte descenso de apoio á formación e visualizaría a vitoria dos socialistas de cara ás eleccións de maio.   

No PSdeG, pola súa banda, o problema está en cómo artellar unhas listas que satisfagan a todos os varóns provinciais e non poñan en evidencia a debilidade de Gonzalo Caballero, conseguindo poñer coto aos seus numerosos problemas internos e afrontando con unidade as próximas eleccións.

Podemos, Esquerda Unida e Anova, anunciaron a través de comunicados que buscarán reeditar a coalición, desmarcándose de En Marea e rachando co espazo de adscrición individual.  

Polo que respecta a En Marea, formación que esta pasada fin de semana lanzaba as súas primarias, asegurando o voceiro atoparse “ilusionado e preparado” para afrontar uns comicios aos que se presentarán como formación propia.   

No BNG temen que se vincule a súa candidatura coa dos independentistas cataláns, con quen concorren ás europeas, vinculación que, nas xerais, podería irlles en contra.

No caso de Ciudadanos e Vox, deben arrincar votantes descontentos do PP e do PSOE, semellando difícil que Ciudadanos o consiga co PSOE. Faltaría por ver se Vox o conseguiría cos votantes do PP, podendo nese caso sacar algún escano pola Coruña ou Pontevedra.  

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies