O BNG de Muros elixe a María Lago como candidata á alcaldía

Na Asemblea Local celebrada o pasado venres en Muros, o BNG aprobou a súa candidatura á alcaldía, a expensas de que sexa aprobada definitivamente polo Consello Nacional.

A actual responsable local, María Lago Lestón, remudará a Manu García á fronte da candidatura.

O propio Manu García e Paula Simal, actuais concelleiros do BNG de Muros, acompañarán a María Lago na cabeza de lista, nos postos segundo e terceira respectivamente.

Na mesma Asemblea, a organización decidiu renovar a responsabilidade local, para reforzar o traballo orgánico do BNG na localidade, cargo que desempeñará a partir de agora o histórico militante nacionalista Rodrigo Molinos Romero.

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies