Multiplicanse as críticas aos resultados do CIS de outubro

Non tardaron en aparecer as primeiras criticas logo da publicación dos resultados da enquisa do CIS. Tanto PP como Ciudadanos e Podemos saíron cuestionando tanto os resultados como a metodoloxía usada dende que o socialista Felix Tezanos asumise a dirección da institución.

Así a formación morada a pesar de ver con optimismo a estabilización dos seus votantes criticou través do seu secretario parlamentar Txema Guijaro o tipo de “cociña a medias” usado nesta enquisa ademáis de que segundo asegurou o dirixente os resultados perden validez ao non ter en conta o acordó orzamentario entre o Goberno e Podemos.

Mais duras foron as criticas dos Populares que mesmo chegaron a retar a Pedro Sanchez a convocar eleccións se estaba tan seguro de os datos da enquisa eran reais. Para Marta Gonzalez, responsable de comunicación do grupo popular as cifras do CIS “non as cre nin el” en alusión ao presidente socialista.

Tampouco para ciudadanos son creibles os resultados do CIS. A pesar de que si dan credibilidade ao sorpasso da súa formación ao PP sinalaron que eles manexan enquisas nas que os naranxas se situarían case á par co PSOE.

 
Criticas fundadas segundo os expertos

As criticas ao CIS non veñen únicamente porte das formación políticas,   senon tamen hai varios expertos que cuestionan a novidosa metodoloxía da actual dirección do centro de investigación. Así o experto en enquisas Kiko Llaneras, colaborador do xornal El Pais critica a metodoloxía empregada na que so se teñen en conta os datos en bruto. Segundo o experto, de empregarse o sistema anterior no que se tiña en conta a ponderación por recordo de voto, aos indecisos e a abstención os resultados serian moito máis semellantes as publicadas pola maioria de axencias enquisadoras.

A páxina de analise de enquisas electomania.es tamén criticou ao centro de investigación subliñando que o CIS “renunciou a presentar resultados minimamente fiables optando por presentar datos crudos que non significan nada”. Consideran polo tanto que este CIS non cumple cos estandares mínimos que se deben impor a un instituto público cuxa finaciación corre a cargo da cidadanía

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies