O Concello de Ourense trata de censurar o FIB (Festival Intercultural do Barbaña)

O alcalde de Ourense e a súa equipa de goberno trataron de impedir a celebración do festival popular.

Nota de prensa da denegación do permiso ao FIB remitida polo Concello de Ourense

O Concello de Ourense denegou os permisos de celebración do Festival Intercultural do Barbaño (FIB) por, segundo explicaron nun comunidado de prensa, “non contar cos permisos necesarios para a súa celebrador ao non dar responsa os seus organizadores aos requisitos que se lles trasmitiron para garantir a seguridade dos seus participantes”.

A nota colleu por sorpresa a organización xa que o FIB lévase celebrando anos sen problema ningún e sempre no mesmo emprazamento, a Praza de San Marcial do casco vello ourensán.

Curiosamente o alcalde e o concello indicaban hai case un ano exacto que a seguridade na praza de San Marcial era total despois de realizar unha polémica tala de árbores feito que foi amplamente difundido pola prensa local e, a pesar diso, contradiciu as súas propias declaracións facendo unha comparación cos incidentes acontecidos recentemente en Vigo no Marisquiño no peirao do porto.

 

Un festival que molestou coa súa retranca ao alcalde

ESCuA, agrupación de entidades culturais que organiza o festival, fixo unha promoción do mesmo cunha imaxe do alcalde algo que ofendeu directamente a Jesús Vázquez que o tomou como un insulto. “Quien me insulta siempre, no me ofende jamás, decía Victor Hugo. Y quien participa del insulto, le aconsejo reflexión. A los que se molestaron en hacer esta imagen, decirles que me veo bien. No ofende quien quiere… Buenas noches amig@s”, indicou na súa conta da rede social Instagram.

Video da promoción do FIB

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies