A Igrexa cobrará por visitar o Pórtico da Gloria

O 18 de setembro rematan as visitas gratuítas e abertas.

A Fundación Catedral de Santiago de Compostela ven de emitir unha nota de prensa na que comunican o establecemento dun novo sistema de cobro para as visitas ao Pórtico da Gloria.

Segundo explican o sistema de visitas será por un máximo de 25 persoas á vez e os billetes poderán reservarse con antelación nas taquillas do museo e a través do sistema de tickets da páxina web da catedral: www.catedraldesantiago.es. Sempre que haxa prazas libres poderán adquirirse sen reserva previa nas taquillas do museo. A duración total da visita ao Pórtico terá unha duración de 45 minutos e poderán visitalo dous grupos simultaneamente un que sairá ás horas en punto outro que dará comezo as e media.

A Fundación tamén anunciou obra na escalinata do Obradoiro e na Cripta que permanecerán pechadas ao público durante a realización dos traballos. Tamén comezarán traballos de deseño e montaxe da estrutura que separará o Pórtico das naves polo que o pórtico protexerase cunha estrutura auxiliar.

O día 18 de setembro de 2018 será o derradeiro día no que o Pórtico do Gloria esta aberto ao público de balde e sen reserva previa. A partir dese día teranse que facer reservas e comprar os billetes.

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies