As auditorías confirman os accesos irregulares ao censo que motivaron a paralización das votacións

Mediante unha rolda de prensa celebrada onte, Gonzalo Rodríguez, responsable legal ante a Axencia Española de Protección de Datos e membro da coordinadora de En Marea, daba conta do resultado das auditorías realizadas pola intrusión no censo da formación

Durante a rolda de prensa, Gonzalo Rodríguez informou de que, cos resultados das auditorías realizadas, tanto a interna como a externa, “podemos verificar que existen unha serie de entradas de persoas non autorizadas que accederon ao Medrando, verificaron unha serie de fichas e Documentos de Identidade, e este acceso se produciu dende polo menos catro IPs. Estas IPs se corresponden con persoas que forman parte do Comité Electoral e con persoas que non forman parte do Comité”.

Ante esta situación, asegura “xustifícanse as razóns para paralizar as eleccións, pois era necesario verificar o alcance destas actuacións, realizadas en contra da autorización expresa do responsable da protección de datos, e dotar de novo de seguridade o proceso electoral”.

Estableceranse unha serie de medidas de seguridade, “para garantizar as máximas garantías no proceso así como a confidencialidade dos datos que se manexan” e cautelares, pois “a coordinadora ven de solicitar á Comisión de Garantías que sexan revocadas aquelas persoas que participaron nesa entrada non autorizada ao ficheiro de datos de En Marea”.

Enfatizou tamén Rodríguez a cuestión ética, pois aseverou “este non é un asunto que nos afecte so internamente, afecta externamente. Si en En Marea queremos mudar as cousas e que a política neste país sexa distinta, se queremos esixir maior responsabilidade e transparencia, esta responsabilidade e transparencia é innegociable internamente, e a partir de aí poderemos construír un relato crible para a cidadanía”. 

Rodríguez incidiu en que “inda que a intención é votar coa máxima celeridade, é probable que as medidas que se deben implementar para restaurar a seguridade non permitan votar esta fin de semana”. 

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies